Sistemas de información xeográfica da Xunta de Galicia
- ¿Qué é?
- ¿Cómo funciona?
- Acceso aos servizos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Acceso aos servizos da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
- Acceso aos servizos da Consellería de Innovación e Industria
- Acceso aos servizos da Consellería de Medio Rural
-
Acceso aos servizos da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento
Sostible
¿Qué é?
Opción que recopila aplicacións que permiten facer consultas sobre varias
temáticas relacionadas con Galicia. A información é proporcionada por diversas consellerías en
aplicacións online propias e consúltanse de forma interactiva sobre un mapa de Galicia.
¿Cómo funciona?
Cada aplicación ten o seu propio mecanismo de consulta, pero en todas elas a consulta de información realízase interactivamente seleccionando previamente criterios de consulta e relacionando os diversos concellos de Galicia. Nalgunha aplicación facilítanse axudas e manuais para usuario. Para acceder a cada aplicación deberá facer click na imaxe correspondente.
Acceso aos servizos
|
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE PROTECCIÓN CIVIL: |
||
|
Acceso ao 112 Galicia Emerxencias Mapa incidencias 112: Mapa de incidencias en tempo real do 112, onde se recollen as incidencias como accidentes, Protección Civil, incidencias por metereoloxía adversa, etc... O 112 é un servizo público da Xunta de Galicia adscrito á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e dependente da Dirección Xeral de Protección Civil. O número 112 atende, xestiona e coordina as chamadas de emerxencia recibidas na Comunidade Autónoma de Galicia. O 112 é:
*
Número Único de Emerxencias: urxencias e emerxencias en materia sanitaria,
extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección civil.
O número 112, como número único de emerxencias foi establecido pola Decisión do Consello da Unión Europea do 29 de Xullo de 1991 e concretado pola Directiva 98/10/EC do Parlamento Europeo e do Consello de 26 de febreiro de 1998. Pechar |
||
|
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES |
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO: |
||
|
Información Urbanística de Galicia A web de información urbanística de
Galicia permite consultar e descargar o planeamento dos concellos galegos, as normas subsidiarias
provinciais e a lexislación urbanística xeral e sectorial de aplicación en Galicia.
|
||
|
Sistema de Información de Identificación Territorial de Galicia
SITGA:
O Convenio SITGA é un acordo asinado entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, e a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia que xestiona o Sistema de Información Territorial. O Convenio SITGA ten como obxecto regular a cooperación entre os dous organismos en favor do desenvolvemento de actuacións encamiñadas a: a actualización e mellora da base cartográfica de Galicia en formato dixital, e das súas aplicacións cartográficas e fotográficas; o deseño de ferramentas ou sistemas de información territorial específicas para a ordenación territorial e urbanística; e, finalmente, a divulgación ou distribución dos produtos ou sistemas desenvolvidos. Pechar |
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS: |
||
|
Mapa de estradas de Galicia Este mapa recolle as estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia,
pintadas en diferentes cores segundo o tipo de rede á que pertencen.
|
||
|
PORTOS DE GALICIA: |
||
|
Mapa de Portos de Galicia Esta ferramenta permite
localizar os distintos portos marítimos galegos xestionados polo Ente Público de Portos de Galicia
segundo un conxunto de criterios definidos, ou de xeito visual a través do mapa.
Pechar |
||
|
FUNDACIÓN DO CENTRO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALICIA: |
||
|
|
Servidor de mapas do CESGA O servidor de cartografía
GIS do CESGA crea e serve mapas dinámicos en Internet. Estes mapas están georeferenciados e ademais
de visualizalos pódese interactuar con eles con operacións como zoom, panzoom, busca selectiva ou
consultar información de base de datos asociada. O usuario pode acceder a esta información dende o
seu navegador habitual, requírese Netscape ou MS Internet Explorer versión 4 ou superior.
Mapa físico de Galicia: Este mapa comprende a hidroloxía e o relevo galegos. Mapa administrativo de Galicia: Mapa de Galicia que abrangue provincias, bisbarras, municipios, núcleos urbanos e vías de comunicación. Mapa do Mundo: Información administrativa, cidades, lagos e ríos de todo o mundo, podéndose facer buscas de países e de cidades e pódese consultar na base de datos asociada á moeda e á poboación de cada país. Mapa do Chan Empresarial en Galicia e norte de Portugal: Situación e información dos polígonos industriais de Galicia e norte de Portugal. Mapa realizado para o proxecto Consolida. Mapa de Gasolineiras de Galicia: Localización das estacións de servizo de Galicia. Mapa realizado para a Consellería de Innovación e Industria. Mapa de Apelidos en Galicia: Localización xeográfica de apelidos na comunidade galega clasificados por concello. Realizado para o Instituto dá Língua Galega ILGA. Pechar |
|
|
FONDO GALEGO DE GARANTIA AGRARIA: |
||
|
|
Sistema de Información Xeográfica de Identificación de Parcelas Agrarias
SIXPAC: É un Sistema de Información Xeográfica, adicado ao control das axudas
agrícolas da PAC (Política Agraria Común). Esta ferramenta é de obrigada utilización na xestión das
axudas comunitarias, sendo a base identificativa de calquera tipo de axuda relacionada coa
superficie. Dispón de soporte gráfico do terreo, das parcelas e recintos con usos ou
aproveitamentos agrarios definidos.
Sistema de Información Xeográfica de Identificación de Parcelas Agrarias. Dispón de soporte gráfico
do terreo, das parcelas e recintos con usos ou aproveitamentos agrarios
definidos.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO RURAL: |
||
|
|
Atlas Comarcal de Galicia Atlas Comarcal: Pódense atopar distintas e variadas informacións sobre as Comarcas de Galicia nas que se está a desenvolver o PDC ("Plan de Desenvolvemento Comarcal"). A información está organizada por comarcas e dividida en distintas subseccións nas que se describe dunha forma detallada, aspectos relacionados coa xeografía, a historia da comarca, os seus recursos endóxenos, cartografía, etc. Do mesmo xeito, tamén se poden visualizar distintos puntos da comarca a través dunha galería fotográfica e obter información sobre como chegar a ela. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: |
||
|
|
Información Meteorolóxica de Galicia
MeteoGalicia: É a unidade de observación e predicción meteorolóxica integrada
no Sistema de información ambiental de Galicia (SIAM) do Centro de Información e Tecnoloxía
Ambiental.
Constitúe o primeiro grupo de traballo creado en Galicia para poñer a disposición do cidadán a imformación das redes de metereoloxía e climatoloxía e realizar unha predicción metereolóxica de precisión. Pódese realiza-la consulta de datos en tempo real, históricos ou de evolucións diarias e semanais (presión, temperatura, humidade relativa, velocidade e dirección do vento, pluviometría, radiación solar, etc… Realízase unha predicción propia e eficiente para Galicia, cun horizonte de tres días e avance para sete días. Elabórase a partir de modelos e datos da rede metereolóxica galega, e debido ás especiais condicións metereolóxias de Galicia detállase para 14 localidades. Tamén suministra información sobre as praias, o camiño de Santiago, etc.... Pechar |
|
|
|
Sistema de Información Ambiental de Galicia Os Sistemas de Información Ambiental son aqueles recursos técnicos e humanos que permiten a captación, estruturación, acceso e difusión da información relativa ao medio ambiente. Neles utilízanse ferramentas informáticas como bases de datos, sistemas de información xeográfica (SIX) ou directorios de documentos. A consecución do desenvolvemento sostible esixe un fondo coñecemento e manexo da información ambiental por parte tanto dos responsables das tomas de decisións como da cidadanía en xeral. Consecuentemente, resulta fundamental dispor dun sistema de información ambiental co que acadar unha xestión eficaz en materia ambiental, que facilite a asignación óptima dos recursos, permita a difusión pública do coñecemento na materia e, mediante a súa axuda na toma de decisións, asegure un desenvolvemento duradeiro, así como o mantemento e mellora da calidade de vida, sen mingua da calidade ambiental. O Sistema de Información Ambiental de Galicia (SIAM) é o instrumento creado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para facilitar o acceso á información medioambiental ao público en xeral, usuarios expertos/investigadores e a outras administracións. Pechar |
|
|
|
Información Cartográfica de Solos de Galicia
Cartografía de Solos: A elaboración dun mapa de solos de Galicia a escala 1:50.000
é a base fundamental para calquera estudio de prevención e establecemento do uso do solo, tendo en
conta, ademais, que o solo é o principal sistema protector dos medios hídricos e bióticos fronte á
contaminación, razón pola cal debe coñecerse a súa sensibilidade e resistencia fronte ós distintos
axentes degradativos. Desde xeito a Consellería de Medio Ambiente pon á disposición do cidadán un
novo elemento de información por medio do mapa do solos do SIAM.
Sucesivamente iránse incorporando os mapas de solos das diferentes zonas da xeografía galega. Polo momento, só están dispoñibles os que aparecen en activo (en formato PDF vectorial). Pechar |
|
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a