Outros servizos e-Administración
¿Qué é?
Nesta opción o usuario poderá interactuar con aplicacións de consulta, tramitación e oficinas virtuais que ofrecen as distintas consellerías da Xunta de Galicia. Nalgúns servizos requírese certificado dixital e noutros o acceso é mediante claves proporcionadas previamente pola Administración Autonómica.
¿Cómo funciona?
O usuario poderá seleccionar o enlace e acceder ao servizo correspondente coas claves de acceso e/ou co seu certificado dixital da FNMT. Dependendo da aplicación, permitiralle facer consultas, imprimir listados, solicitar información, facer xestións privadas coa Administración Autonómica, etc.
Acceso ao servizo
|
SECRETARÍA XERAL DE COMUNICACIÓN: |
||
|
|
Rede de Telecentros de Comunicación A Rede de Telecentros
de Comunicación é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría
Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos
Concellos onde se sitúan ditas aulas. O Centro Multimedia de Galicia, unidade do Servizo de Xestión
do Centro Superior de Documentación (Subdirección Xeral de Telecomunicacións e Audiovisual),
encárgase da xestión da Rede de Telecentros de Comunicación realizando, de forma coordinada, a
posta en marcha de actividades formativas e a implantación de servizos e de accións de
sensibilización e acercamento da poboación.
Pechar
|
|
|
|
Rede de Aulas Multimedia A Secretaría Xeral de
Comunicación a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual ten dentro de seus obxectivos
a formación no ámbito da comunicación dixital a través das aportacións das novas tecnoloxías no
ámbito da comunicación audiovisual. Con este fin utiliza a Rede de Centros de Comunicación, formada
pola Rede de Aulas Multimedia de Galicia e a Rede de Telecentros de Comunicación.
A Rede de Aulas Multimedia constitúese como un medio de comunicación audiovisual necesario para levar a cabo o seu obxectivo fundamental: achegar a cidadanía Programas de Formación multimedia e audiovisuais, que responden as novas demandas como desenvolvemento de páxinas web, vídeo en Internet, CDs interactivos, teleformación e arte dixital. O Centro Multimedia de Galicia actúa coma centro neurálxico da Rede de Aulas Multimedia, prestando soporte e mantemento, así coma coordinación e reserva dos diferentes eventos que se realizan. A través deste servizo pódense reservar aulas multimedia para realizar calquera evento sen ánimo de lucro. Poden reservar cidadáns en xeral, grupos e colectivos espcíficos, estudantes, administracións locais ou empresas. A Sala Audiovisual dispón de equipos informáticos, sistemas de proxección, equipos de imaxe e son e equipos de videoconferencia. Estas salas están pensadas para permitir a transmisión de eventos relevantes, presentacións, cursos, etc., que se poderán seguir desde calquera outra aula multimedia. A Sala Web está formada por equipos informáticos e equipos de videoconferencia. Permite o acceso a Internet de alta capacidade, Vídeo baixo demanda, acceso a contidos multimedia e audiovisuais e acceso á AGI e ás súas aplicacións. Pechar |
|
|
|
Servizo Bibliotecario Multimedia A Dirección Xeral de
Comunicación Audiovisual colabora coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e coa
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, prestando un servizo bibliotecario multimedia en rede para
que as bibliotecas especializadas e de especial interés para o patrimonio bibliográfico galego,
xestionen os seus fondos.
Así mesmo, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual comprometeuse co desenvolvemento das bibliotecas públicas municipais nun proxecto de gran envergadura no que se pretende que todas as bibliotecas públicas municipais se incorporen a este sistema bibliotecario multimedia en rede (Millennium) a través dunha única interfaz de busca. O obxectivo final deste proxecto é que o usuario dende calquera punto onde estea poida saber en qué biblioteca se atopa o libro que lle interesa ler. Pechar |
|
|
|
Proxectos da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual A Dirección Xeral de
Comunicación Audiovisual pon a disposición do público varios servizos como:
Portal do Audiovisual de Galicia: Este portal ofrece dous servizos: hosting web e hosting de video. Pretendemos que estes servizos sirvan para promocionar curtas, videoclips ou calquera outra produción audiovisual. Así mesmo ofrécese un servizo de hosting web, unha web na que enlazar os vosos traballos e que sirva de carta de presentación. Cartografía das Emisións de TV: O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer á cidadanía as infraestructuras dispoñibles en Galicia para a difusión dos sinais da televisión. Para elo difundiránse mapas de cobertura, fotografías e información cartográfica de acceso gratuíto.
Extensión da Cobertura da TDT en Galicia:
A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta, a través da Dirección Xeral de Comunicación
Audiovisual, ven colaborando cos concellos na recuperación do sinal de televisión que se viu
afectado a causa da vaga de lumes que azoutou Galicia, proporcionando o equipamento necesario e
realizando os estudos de cobertura e os plans de despregue correspondentes. Asimesmo, a través
dunha
convocatoria de
axudas aos concellos galegos, ven de convocar dúas liñas de subvencións, unha dirixida a apoiar
a realización de estudos técnicos de cobertura, planificación ou proxecto técnico e outra liña para
a dotación de equipamentos para o establecemento de infraestruturas de difusión de baixa potencia
en rede de frecuencia única e a certificación de instalación, no marco do despregamento de
infraestruturas da televisión dixital terrestre cara a unha cobertura integral co horizonte no
"apagón" a analóxico do ano 2010.
Observatorio do Audiovisual de
Galicia: O Observatorio do Audiovisual en Galicia é un servicio da Dirección
Xeral de Comunicación e Audiovisual da Presidencia da Xunta de Galicia, que ten a finalidade de
proporcionar unha información permanentemente actualizada sobre o sector audiovisual, dirixida aos
axentes implicados neste sector, tanto empresas como institucións.
En referencia ao sector audiovisual na comunidades galega, nos últimos anos leváronse a cabo importantes avances en materia de información. O Observatorio contribue a facilitar o acceso a este coñecemento nas distintas seccións da súa páxina web e a manter permanentemente actualizada dita información. Oficina Técnica de Cidades Dixitais: "Cidades Dixitais" ten por obxetivo a promoción e a implantación de aplicacións e experiencias piloto para o desenvolvemento da Sociedade da Información nun entorno local. A Oficina do proxecto, que ten a súa sede na D.X. de Comunicación Audiovisual, actúa como centro xestor e de control financeiro, así como de punto de referencia de todos os axentes implicados en aras da optimización de resultados. Pechar |
|
|
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA |
||
|
EGAP: |
||
|
|
Zona de matrícula de cursos de teleformación da EGAP As novas Tecnoloxías da
Información e as Comunicacións (TIC) xogan, en plena sociedade da información, un papel
fundamental, tanto no que se refire á difusión e transferencia de coñecemento como na elaboración
dos contidos, e, de xeito especial, na formación. Dende esta opción se vostede e persoal da
Administración Autonómica, Local ou Estatal ou algunha outra administración poderá darse de
alta e xestionar as súas matrículas nos cursos por teleformación que xestione a
EGAP.
Pechar
|
|
|
|
Acceso á teleformación da EGAP A teleformación pon á
disposición dos alumnos unha serie de recursos (programas de aprendizaxe on-line que inclúen
animacións, simulacións, audio e secuencias de vídeo, grupos de discusión entre expertos e
compañeiros, links aos materiais na web, etc) que permite desenvolver de forma moi activa,
comprensiva e flexible as capacidades dos destinatarios da formación (neste caso, os empregados
públicos), conseguindo un sistema de aprendizaxe máis individualizado e dinámico que permite unha
constante actualización dos distintos contidos da formación, cunha interacción e inmediatez entre
investigación e docencia moito maior.
Dende esta opción poderá acceder mediante Usuario e Clave á teleformación da EGAP. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE INTERIOR: |
||
|
|
Teleformación da Academia Galega de Seguridade Como usuario do sitio web da
Academia Galega de Seguridade Pública, poderá acceder á información, rexistrarse en cursos e obter
múltiples vantaxes. Para ter acceso completo aos cursos precisa crear unha conta para vostede neste
sitio web. Ademais, cada un dos cursos pode ter unha clave de acceso que necesitará para entrar
neles. Estes son os pasos que debe seguir:
Se xa está dado de alta no sistema só terá que visitar a opción correspondente. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA: |
||
|
|
Servizo web de asistencia xurídica gratuíta
+ info |
visitar »
O servizo web de
asistencia xurídica gratuíta da Dirección Xeral de Xustiza está dirixido aos profesionais
designados en procedementos de asistencia xurídica gratuíta así como ás comisións encargadas da
tramitación dos mesmos. Teñen dereito á prestación da asistencia xurídica gratuíta:
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE TRIBUTOS: |
||
|
|
Oficina virtual tributaria Na oficina virtual
tributaria poderá realizar dende presentacións telemáticas e valoracións de bens inmobles ata
consultar o estado dos expedientes. Ademáis poderá atopar toda a información relativa aos tributos
da Comunidade Autónoma, xa sexan propios ou cedidos, ordenada por imposto e con acceso á súa
normativa, guías explicativas e modelos.
Dende esta opción poderá acceder ós servizos con tres niveis de acceso: * Servizos con acceso libre. * Servizos con certificado dixital. * Servizos de usuarios autorizados con certificado dixital. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual de perceptores e rexistro de subvencións
A Oficina Virtual de
perceptores é a oficina orientada a todos os perceptores que teñen algunha relación contable coa
Xunta de Galicia. Poderá acceder dos seguintes modos:
Sen necesidade de ningún requisito previo aos seguintes servizos: * Validación de documentos: Se vostede coñece o MAC do documento, poderá comprobar a súa validez. * Consulta da Lei de réxime financeiro e orzamentario: Consulta do texto legal completo. * Consulta ó rexistro público de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia. * Orzamentos do ano en curso: Consulta dos Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio actual. Se vostede posúe un certificado dixital, poderá acceder aos seguintes servizos: * Consulta de operacións de pagamentos: Permite consultar os pagos que diferentes entidades da Xunta de Galicia fixeron o seu favor. * Mantemento de terceiros: Permite consultar e modificar datos persoais, enderezos, teléfono, correo electrónico, etc. DEC corredores e sociedades de corredoría de seguros: * Remisión telemática da documentación estatístico-contable dos corredores de seguros e as sociedades de corredoría de seguros á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual para usuarios autorizados con certificación dixital
Esta oficina
virtual está pensada para os tramitadores administrativos (TA) e profesionais para que poidan
realizar a presentación de liquidacións de terceiros. Para o uso da Oficina Virtual na opción
"USUARIOS REXISTRADOS" é preciso solicitar un
certificado da Fábrica
Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) de clase 2 CA.
Son válidos igualmente os certificados expedidos polas autoridades certificadoras admitidas pola Consellería de Economía e Facenda. Nesta páxina web está á súa disposición a ficha para a identificación dos usuarios do seu despacho profesional que van acceder as nosas aplicacións e o modelo de solicitude de autorización para a presentación e pago telemático de autoliquidacións que deberá subscribir e asinar o tramitador administrativo (TA). Unha vez cubertos ambos documentos, dirixiranse á Dirección Xeral de Tributos e remitiranse por correo ou por fax ó 981.544169, xunto coa certificación acreditativa da súa pertenza a Asociación Nacional de Tramitadores administrativos (TA) e profesionais (ANTAP). Pechar |
|
|
|
Oficina virtual para o empregado público
Dende esta opción, se
vostede é empregado público e dispón de certificado dixital,
poderá acceder aos seguintes servizos na oficina virtual do empregado
público:
* Simulación cálculo de retribucións: Para coñecer as retribucións dos empregados públicos. * Validación de documentos: Se vostede coñece o MAC do documento, poderá comprobar a súa validez. * Rexistro de empregados públicos: Un empregado público poderá realizar o seu rexistro para poder acceder á información e opcións que precisan deste modo de acceso restrinxido. Se vostede é un empregado público previamente rexistrado na oficina virtual do empregado público, poderá acceder coa súa clave persoal aos seguintes servizos. * Consulta do histórico da nómina: Consulta da lista resumida dun perceptor nun determinado mes e ano. * Consulta de operacións na Web: Consulta das operacións realizadas sobre as contas de rexistro dun determinado usuario. * Forma de recepción de haberes: Pode cambiar a conta de correo á que quere que se lle envíe o recibo mensual de haberes ou anular o envío de dito recibo. * Recibo anual de haberes: Consulta dos recibos anuais de haberes. Pechar |
|
|
IGAPE: |
||
|
|
Oficina virtual do IGAPE Dende esta opción poderá
acceder mediante certificado dixital á oficina virtual do IGAPE. Esta páxina contén todos os puntos
de acceso relacionados coa tramitación telemática de expedientes no IGAPE. Para o acceso a
determinados servizos é necesaria a utilización dun certificado electrónico X509 v.3 expedido por
entidade certificadora aceptada pola Consellería de Economía e Facenda. Os servizos dispoñibles
neste momento son os seguintes:
* Comprobación de documentación expedida polo IGAPE. Se vostede ten un documento en papel, sen validación por parte do IGAPE, e cun código “IDE”, pode comprobar neste apartado a validez do mesmo, (nun futuro tamén poderá obter dito documento asinado electrónicamente polo IGAPE). * Cuestionarios de definición de proxecto definidos en diversas bases reguladoras de axudas do IGAPE (Mellora da Productividade, Acción Exterior, etc) nas que se cita específicamente este modo de tramitación. Necesita certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telemáticamente. * Cuestionarios de definición de proxecto definidos na Resolución do 9 de maio de 2005 na que se fan públicas as bases reguladoras das axudas do IGAPE para a elaboración de diagnósticos empresariais. Necesita certificado electrónico só no caso de que desexe presentalo telemáticamente. * Notificación telemática. Se vostede elixiu que as notificacións do IGAPE lle sexan entregadas por vía telemática, debe comprobar con frecuencia este servicio. * Extranet de entidades colaboradoras. A través deste enlace, as entidades colaboradoras do IGAPE (por exemplo, entidades financeiras) poden xestionar os seus expedientes en trámite. Pechar |
|
|
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES |
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS: |
||
|
|
Catálogo de estradas
No ano 2003 iniciáronse
os traballos destinados á obtención de datos xeométricos e de equipamento para o inventario da
Rede Autonómica de Estradas de Galicia (RAEG).
A eficiente explotación da información adquirida conséguese a través dunha base de datos informatizada. Un dos resultados do inventario é o "Catálogo Visual de Estradas", accesible desde esta páxina web para calquera persoa. A través deste Catálogo accédese á imaxe visual do condutor e aos datos xeométricos máis significativos de calquera punto quilométrico que conforma RAEG. Tamén se pode realizar o percorrido visual ao longo da estrada que se seleccione avanzando ou retrocedendo segundo se necesite. Pechar |
|
|
PORTOS DE GALICIA: |
||
|
|
Trámites e Xestión en liña "ESPIGÓN"
Dende esta aplicación
poderá acceder aos servizos en liña de Portos de Galicia.
* Solicitude cidadán autorización praza amarre. * Solicitude cidadán autorización tránsito. * Solicitude de escala/atracada de barcos. * Estado solicitude escalas/atracada. * Ver autorizacións concesionario. * Ver tránsitos concesionario. * Consultar confirmación embarcación. * Consultar Reservas Tránsitos. Pechar |
|
|
|
||
| DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN INDUSTRIAL E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN: | ||
|
|
Presentación telemática de solicitudes Convenio que regula as
actuacións entre a Consellería de Innovación, Industria e Comercio e as entidades avaliadoras da
conformidade para o fomento da innovación nos modelos de xestión a través da súa certificación,
arbitrando para lograr este obxectivo un sistema de incentivos as Pemes, entidades e organizacións
de Galicia. A estes efectos entenderase por entidades avaliadoras da conformidade a:
* Aquelas organizacións, de acordo co RD 2200/95, debidamente acreditadas pola Entidad Nacional de Acreditación (ENAC) para a certificación das normas definidas como alcance no listado aberto do anexo VI do convenio. * Aquelas organizacións debidamente acreditadas pola entidade responsable da súa xestión e control para a certificación das especificacións definidas como alcance no listado aberto do anexo VI do convenio. De acordo coa claúsula décima do convenio, ás entidades avaliadoras da conformidade adheridas o mesmo, teñen como único procedemento válido para realiza-la solicitude de autorización previa de axuda á certificación a utilicación da ferramenta de presentación telemática de expedientes que para este fin aporta a administración. Para a utilizacion da aplicación, a administración aporta a cada entidade certificadora que cumpla o establecido no procedemento de adhesión definido na clausula terceira do convenio, un identificador de usuario e unha clave de uso exclusivo que lle permite acceder á ferramenta telemática a tramitar as solicitudes de autorización previa de axuda á certificación de cada expediente. Ademais, as entidades avaliadoras da conformidade, poderán comprobar a través da ferramenta telemática en que estado de tramitación se atopa cada un dos seus expedientes. De acordo coa devandita cláusula décima do convenio o prazo para presentar a solicitude de autorización previa de axuda a certiicación dos sistemas de xestión remata as 24:00 h. do día 30 de outubro de cada anualidade. A xustificación do investimento subvencionable de todos aqueles expedientes autorizados por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, debe facerse de modo físico a través de rexistro ata o día 29 de novembro de cada anualidade, debendo adecuarse á devandita documentación xustificativa ó estipulado na cláusula 11ª do convenio. En todo caso, as entidades avaliadoras da conformidade poden acudir ó texto do convenio de 12 de marzo de 2004 para resolver calquera tipo de dúbida. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE TURISMO: |
||
|
|
Curso de inglés On-line para profesionais do turismo Nos últimos anos, Galicia
está a incrementar notablemente o número de visitantes foráneos. A nosa oferta turística, que
combina diferentes factores tales como o turismo de natureza, congresos e incentivos, cultural e
gastronómico, fan do noso país un destino emerxente nos circuitos europeos. Por este motivo, para
atender a demanda globalizada, o coñecemento dos idiomas comunitarios é cada vez máis relevante no
sector. Iso leva á Dirección Xeral de Turismo a contribuir na capacitación dos profesionais do
sector no desenvolvemento das competencias relacionadas co uso das linguas comunitarias e, seguindo
este razoamento, ofrece, a un prezo moi competitivo, un curso de inglés on line para
os colectivos, especialmente relacionados co turismo.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIA ENERXÍA E MINAS: |
||
|
|
Sistema electrónico do Rexistro de Instalacións Eléctricas Nesta páxina instaladores autorizados pola Consellería de Innovación e Industria poden obter, cubrir e presentar por vía telemática os formularios para a solicitude de rexistro de instalacións eléctricas de baixa tensión. Polo de agora só se poderán presentar a través deste Rexistro Telemático da Xunta de Galicia as solicitudes relativas ás instalacións eléctricas de baixa tensión que non precisen a confección dun proxecto técnico para a súa tramitación. Para máis información sobre este particular pulse aquí. Para a utilización deste servizo o instalador debe dispor de certificado dixital da FNMT Clase 2 CA. Pechar |
|
|
FOGGA: |
||
|
|
Programa do PAC A reforma da PAC aprobada no
ano 2003 estableceu importantes modificacións no sistema de solicitude e concesión de axudas
directas a explotacións, agrupando varias destas axudas nun pagamento único por explotación que se
aplicou en Galicia no ano 2006 por primeira vez, e baseado nos dereitos de pagamento único
asignados a cada agricultor. Así mesmo se manteñen outras axudas ligadas á produción e introdúcense
novas axudas para a mellora da calidade e a protección do medio ambiente. Todo isto no marco da
normativa autonómica, estatal e comunitaria.
En 2007 o conxunto de axudas da PAC regúlanse pola Orde da Consellería do Medio Rural de xaneiro de 2007 que establece normas para a aplicación do réxime de pagamento único e doutros réximes de axuda directa á agricultura e gandería así como a indemnización compensatoria. Na campaña 2007 pódense tramitar as axudas da PAC dende esta opción se o agricultor dispón de certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre utilizando o rexistro telemático e a aplicación PAC 2007. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE PRODUCCIÓN, INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA: |
||
|
|
Programa de control leiteiro O
Control leiteiro é unha ferramenta básica do Programa de Mellora Gandeira de
Galicia. Consiste en rexistrar obxetiva e sistemáticamente a producción e calidade do leite das
femias de raza frisona das explotacións galegas que colaboran co programa, co fin de estima-lo
valor xenético da poboación. Se vostede ten clave de acceso poderá consultar os datos individuais
da súa explotación.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE CREACIÓN E DIFUSIÓN CULTURAL: |
||
|
|
Proxecto MEIGA Meiga é un proxecto de
informatización e creación de redes de bibliotecas dirixido polo Centro Superior Bibliográfico de
Galicia.
O proxecto naceu no ano 1997, dirixido polo Centro Superior Bibliográfico de Galicia ca intención de crear un sistema básico, integral e único para a xestión de bibliotecas pertencentes á rede de bibliotecas de Galicia. Dende esta opción pódese acceder aos fondos rexistrados da rede de bibliotecas dependentes da Xunta de Galicia. Pechar |
|
|
|
Catálogo de publicacións do CSBG
Neste catálogo aparecen
referenciadas tódalas publicacións de carácter venal editadas pola Xunta de Galicia. Tamén pode
atopar relacións de tódalas obras esgotadas e información puntual das últimas novidades.
A web constitúe un catálogo en liña das publicacións editadas pola Xunta de Galicia. Permite consultar a relación de obras esgotadas, así como as últimas novidades. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL: |
||
|
|
Biblioteca dixital de Galicia
A Biblioteca
Dixital de Galicia pretende ofrecer, ademais da referencia Bibliográfica dos impresos, a imaxe e
polo tanto o acceso ó documento dunha importante parte do Patrimonio Bibliográfico Galego ou de
interese para Galicia. Tamén permite consultar nunha base de datos os autores galegos.
Pechar
|
|
|
|
Arquivos de Galicia A Xunta de Galicia a
través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural,
está comprometida co mantemento e conservación dos fondos existentes nos museos, arquivos e outros
centros documentais de Galicia.
A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a través do CMG, implantou nas súas instalacións a infraestrutura e os sistemas de xestión documental e arquivística necesarios para poder ofrecer solucións integrais a entidades tales como Arquivos, Museos, Centros de Documentación, etc. Estas ferramentas ofrecen características de xestión administrativa, consulta e acceso aos fondos, control de transferencias, e outras que facilitan as tarefas e a prestación de servizos inherentes a estes centros, apoiando a difusión e consulta da información dispoñible. O proxecto de "Integración de Arquivos nun sistema de xestión documental en rede" xorde coa necesidade dos arquivos de dispoñer dunha ferramenta de xestión documental específica que permitirá compartir entre varios arquivos recursos tanto de material informático como de persoal experto nestes sistemas. Outro factor que inflúe na xeración deste proxecto é o nacemento dun estándar internacional de unificación da documentación arquivística. A tendencia dos arquivos a seguer este estándar e a necesidade dunha ferramenta informática global e moderna conforman en definitiva dous argumentos de peso capaces de xuntar aos diversos arquivos dependentes da Consellería de Cultura nun proxecto común. O Directorio de arquivos de Galicia achega datos de interese, como as súas webs respectivas. Inclúe asemade unha ampla colección de ligazóns de interese. Esta ferramenta ofrece a consulta e acceso aos fondos dos arquivos dispoñibles apoiando a difusión e consulta da información. Pechar |
|
|
SERGAS: |
||
|
|
Servizos sanitarios
Este apartado está pensado
para informar á cidadanía sobre os servizos sanitarios que ofrece o Sistema Público de Saúde. Aquí
poderá localizar calquera unidade do sistema público de saúde ou coñecer o seu funcionamento. Dende
esta opción vostede, como usuario do Sergas, poderá realizar xestións On-line como:
* Solicitar, Consultar ou Modificar unha cita de atención primaria. * Solicita-la Tarxeta Sanitaria ou realizar calquera cambio de datos. * Se vostede fixo un trámite de Tarxeta Sanitaria, pode consulta-lo seu estado. * Busqueda en toda a carteira de médicos do seu centro de saúde. * Solicitude de nova Tarxeta por perda, rotura ou deterioro. * Guía de Servizos personalizada. * Cambio de médico. * Información de Tarxeta Sanitaria. * Solicitar a tarxeta de doador de órganos e tecidos. * Subscrición temática a alertas, coa fin de recibir avisos no móbil -a través de SMS- sobre as novas na Sanidade. Para realizar estas xestións é indispensable que teña a man a tarxeta sanitaria ó obxecto de que cubra axeitadamente os datos necesarios. O uso indebido da tarxeta sanitaria, será responsabilidade do titular da mesma. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS MARIÑOS: |
||
|
|
Consulta de establecementos de acuicultura mariña Dende esta opción
poderanse facer consultas online sobre:
* Establecementos de cultivos mariños e auxiliares. * Cuadrículas vacantes e ocupadas nos polígonos de viveiros. * Trámites administrativos para o outorgamento e a modificación dos títulos habilitantes necesarios para exerce-la actividade. * Unidades da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos responsables da xestión dos procedementos administrativos en materia de acuicultura mariña. Pechar |
|
|
|
Licenzas de pesca marítima de recreo en superficie
Dende esta opción pode
facer diversas xestións online relacionadas coas licenzas de pesca marítima, como por exemplo:
Se posúe certificado dixital da FNMT. * Alta da licenza. * Renovación da licenza. * Consulta e duplicado da licenza. Se non posúe certificado dixital. * Renovación da licenza. * Consulta e duplicado da licenza. Normativa: Orde de 14 xuño pola que se regula a obtención e renovación das licenzas de pesca deportiva en superficie clase A. Pechar |
|
|
|
Plataforma tecnolóxica da pesca
Esta web está
estructurada en tres grandes bloques de información, distribuídos do seguinte xeito:
Información estatística. * Rexistro de buques pesqueiros da comunidade autónoma de Galicia.
Información comercial.
|
|
|
|
Portal galego de formación pesqueira
O Portal Galego de
Formación Pesqueira, oriéntase ao público xeral e tamén recolle boa parte da información
especializada que podiamos atopar.
O portal dispón de cursos en liña como son Técnico en Pesca, Transporte Marítimo Plan de Formación, Navegación e comunicacións do buque, Pesca: extracción e conservación. Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios no mar. No Centro de recursos podemos atopar, dende unha sección dirixida á infancia -Pescalandia- ata unha biblioteca de obras técnicas e lexislativas. No Centro de Documentación dispoñemos de materiais de carácter divulgativo incluídos a Guía do consumidor de peixe fresco e Documentación en formato texto. Tamén dispón de informacións sobre lonxas, mareas, estatísticas etc... Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL: |
||
|
|
Oficina virtual do sistema de xestión de residuos de Galicia SIRGA é un portal a través do
cal cidadáns, empresas e administracións poden acceder a información sobre a xestión de residuos en
Galicia, e tramitar por vía telemática diferentes procedementos administrativos. O acceso privado
de SIRGA vai dirixido a empresas ou particulares que estean inscritos ou en trámites de inscrición
no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Como usuario rexistrado poderá
consultar os seguintes servizos:
|
|
|
|
Oficina virtual do inventario europeo de emisións contaminantes
EPER é o Inventario Europeo de
Emisións Contaminantes. Os tipos de emisións recollidas en EPER son emisións á atmosfera e emisións
á auga.
|
|
|
|
Oficina virtual para a investigación da calidade do solo en Galicia
O solo é un medio
receptor da contaminación moi sensible e vulnerable. Esta contaminación representa un serio risco
para a saúde humana e os ecosistemas. Historicamente, os estudos de detección da contaminación e as
intervencións de prevención centráronse en diferentes áreas do medio, sen ter en consideración o
solo como receptor e transmisor da contaminación. Isto débese tanto á complexidade do seu estudo
como ao retardo existente na manifestación dos seus efectos.
A primeira norma legal que permitiu unha protección da calidade dos solos foi a Lei 10/1998, de 21 de abril, de residuos . Esta Lei regula os aspectos ambientais dos solos contaminados e faculta ás Comunidades Autónomas para declarar, delimitar e inventariar os solos contaminados, debido á presenza de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana. O Real decreto 9/2005, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, supón o desenvolvemento normativo da Lei 10/1998 en materia de solos. Como primeira actividade, este real decreto obriga as empresas afectadas á preparación dun informe preliminar de situación. A data límite para a entrega deste informe é o 7 de febreiro de 2007. Pechar |
|
|
|
Oficina virtual para o pescador fluvial de Galicia
A través deste servizo, os
pescadores con licenza en Galicia poden tramitar por vía telemática diferentes procedementos
administrativos relacionados coa pesca fluvial. O acceso ós servizos pode ser público ou privado:
Servizos privados: * Solicitude para participar no sorteo de quendas para elixir coutos de pesca. Este servizo permite a presentación telemática da solicitude de participación nos sorteos para a elección de permisos de pesca en coutos para a temporada 2007, segundo o establecido no artigo 34º do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio). * Consulta do estado da solicitude para participar no sorteo de quendas para elixir coutos de pesca. Este servizo permite a consulta do estado das solicitudes, tanto as telemáticas como as presentadas en papel unha vez son recibidas e mecanizadas. O sistema permite saber se a solicitude foi correctamente recibida, e o seu resultado no sorteo unha vez se celebre. Servizos públicos: * Consulta de dispoñibilidade de coutos de pesca. Unha vez se pon en marcha o procedemento de selección de permisos de pesca, os participantes poden consultar en tempo real a dispoñibilidade dos mesmos a través deste servizo. * Estado dos sorteos de quendas para elexir coutos. Pechar |
|
|
|
Arquivo histórico de contratacións da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Arquivo de histórico de contratación: Dende esta opción o usuario poderá consultar
o histórico da contratación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Poderánse
facer consultas a partires da descrición da contratación, empresa adxudicataria, importe, etc...
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN: |
||
|
|
Portal de Emprego O Portal de
Emprego permitirá a todos os usuarios do sistema: demandantes de emprego, empresarios,
xestores de emprego, orientadores laborais, etc. o acceso ao conxunto dos servizos ofrecidos polo
Servizo Público de Emprego de Galicia, coas vantaxes de accesibilidade, velocidade e
inmediatez que as novas tecnoloxías ofrecen.
Todo o contido do portal soporta un contorno multi-lingua e está desenvolto tanto en galego como en castelán. Ademais o portal cumpre co nivel AA das recomendacións de accesibilidade WAI do W3C. O portal consta de unha área pública, de acceso non limitado e de varias áreas restrinxidas para demandantes, empresas e oficinas. Os accesos ás áreas restrinxidas serán posibles mediante login/password, aínda que certos servizos só serán posibles mediante o uso de firma dixital autorizada pola Xunta de Galicia. Servizos dispoñibles: • Para os demandantes: modificación ou impresión do seu currículo, de tal xeito que o interesado pode intervir directamente; solicitude de servizos de orientación laboral e de formación ocupacional; comprobación da dispoñibilidade e renovación da demanda de emprego; axenda persoal de citas e intercambio de mensaxes coa súa oficina. • Para as empresas: introdución de preofertas de traballo; obtención dos currículos dos candidatos á oferta; introdución de códigos de selección de empresario; consulta e peche de ofertas. • Para as oficinas de emprego: mecanización automática de datos; comunicación cos demandantes de emprego dun xeito individual ou masivo e xeración de eventos de interese; sistema de identificación e punto único de entrada. Pechar |
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO EMPREGO: |
||
|
|
Rede de técnicos de emprego Esta páxina web permite a
emprendedores e demais demandantes dos servizos da Rede localizar ao técnico máis próximo ao seu
concello a través do directorio, así como informarse sobre o funcionamento dos distintos programas
das políticas activas de emprego para o fomento do autoemprego e da contratación por conta allea,
xestionados pola Consellería de Traballo. A web constitúe, ademais, unha ferramenta de traballo dos
técnicos de emprego para o intercambio de experiencias profesionais, proxectos, e tódala
información de interese que pode resultar de utilidade no cumprimento das súas
funcións.
Pechar
|
|
|
DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN E COLOCACIÓN: |
||
|
|
Plataforma de formación continua A Subdirección Xeral de
Formación Ocupacional, que está encadrada dentro da Dirección Xeral de Formación e Colocación da
Consellería de Traballo, xestiona desde o ano 1993 os cursos de formación profesional ocupacional
(Plan FIP), que van dirixidos exclusivamente a desempregados, para lograr a súa incorporación a un
posto de traballo cando carecen de formación suficiente para o acceso ao mercado laboral.
Xestiona, asimesmo, as accións formativas, dirixidas tanto a desempregados como ocupados, cofinanciadas pola Unión Europea (Fondo Social Europeo) e, desde o ano 2004, as accións de formación profesional continua, anteriormente xestionadas polo Forcem, que inclúen contratos programa e accións complementarias. Esta é unha plataforma a través da que se está a dar cursos de formación ocupacional a distancia, segundo as bases que rixen na correspondente convocatoria anual. Pechar |
|
|
|
Programa FORIET O programa FORIET é un
proxecto común levado a cabo pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Instituto de
Emprego e Formação Profissional de Portugal. Os cursos que promove o programa FORIET teñen por
obxectivo favorecer a inserción laboral da cidadanía galega e portuguesa e tamén ofrecer un
programa extenso e completo, seleccionando especificamente formación de carácter ocupacional
naqueles sectores que fosen identificados como xeradores de emprego en ambos os dous países. Dende
este acceso pódese acceder a teleformación On-line.
Pechar
|
|
|
SECRETARIA XERAL E DE RELACCIÓNS INSTITUCIONAIS: |
||
|
|
Rexistro de convenios da Xunta de Galicia
O Rexistro de convenios
pretende ser un elemento fundamental no proceso global de mellora dos mecanismos de transparencia e
publicidade da actuación da Xunta de Galicia. En cumprimento deste compromiso de transparencia,
nesta páxina poñemos a disposición da cidadanía a posibilidade de consultar a base de datos dos
convenios asinados pola Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes.
Pechar
|
|
|
SECRETARIA XERAL DE BENESTAR: |
||
|
Programa MATIASS Este programa presta
información sobre prestacións e recursos sociais, soportes documentais, pautas e metodoloxía de
Traballo Social, convocatorias de axudas nas diferentes áreas de actuación, solicitudes, exemplos
prácticos, formación, lexislación, así como direccións de interese, enlaces con internet, novidades
etc. Ao mesmo tempo serve como instrumento de Traballo Social operativo e axustado á realidade
unificando criterios de actuación dos/das traballadores/as sociais atendendo aos criterios da
lexislación vixente.
Pechar
|
||
|
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIDADE: |
||
|
|
Rede galega de información e documentación xuvenil
As páxinas informativas
da Rede de Información Xuvenil son un espazo no que se pretende poñer a disposición de todo o mundo
unha nova forma de entende-la información acerca das diversas actividades que son de especial
interese para os mozos e mozas de Galicia.
Estas páxinas non pretenden só servir como mero transmisor de información e novas de interese para a xuventude, senón que, grazas á cada vez maior difusión das novas tecnoloxías, conta coa clara vocación de converterse nun espazo aberto de participación da xuventude galega e a de todo o mundo. Así mesmo, estes avances tecnolóxicos permíten achegarnos a tódolos xoves galegos, independentemente do seu lugar de residencia, de xeito que podemos atender as necesidades informativas tanto da mocidade urbana como as da que habita no medio rural, permitindo que todos teñan acceso en igualdade de condicións á información acerca dos máis variados temas, desde a educación e o emprego ata as diferentes formas de expresión artística e cultural, o medio ambiente, a vivenda, o asociacionismo, o voluntariado, a realidade europea, os deportes ou calquera outra actividade de lecer. Neste espazo da Rede poderedes acceder a diferentes apartados nos que se ofrecerá unha información permanentemente actualizada, prestando especial atención ós diversos programas desenvolvidos pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar co fin de aportar á mocidade de Galicia novos medios para o seu desenvolvemento persoal e a súa participación activa na sociedade. Pechar |
|
|
|
Portal de Información Xuvenil Novo portal web deste departamento dependente de Vicepresidencia, no que os
usuarios poderán publicar colaboracións propias, compartir receitas culinarias ou expoñer a súa
obra artística en internet mediante unha galería virtual.
O novo portal non se centrará en difundir as actividades do departamento de Vicepresidencia, senón que buscará a "transversalidad" de contidos xa que aos mozos "lles preocupan os mesmos temas" que ao resto da sociedade galega. Este sitio web conterá un apartado de emprego, así como indicacións sobre os itinerarios formativos e instrucións para elaborar unha carta de presentación ou un Currículo Vitae. Tamén ofrecerá información sobre as axudas para alugar vivendas, os dereitos do arrendatario ou as residencias universitarias dependentes da Xunta. Outras seccións difunden aspectos da saúde xuvenil, como os trastornos da alimentación, a información afectivo-sexual, as drogas ou a realización de tatuaxes e pendentes. O portal web informará os mozos sobre diversas formas de asociacionismo, xa que este constitúe un "termómetro da calidade democrática" dunha sociedade. Xuventude.net incluirá un taboleiro de anuncios, listas de correo individualizadas e consultas en liña que serán respondidas en menos de 48 horas. Cada unha das seccións do portal incluirá un apartado dirixido especificamente a internautas que padezan algunha minusvalidez. Pechar |
|
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a