Subvencións e axudas da Dirección Xeral de Administración Local

Subir

¿Qué é?

A Dirección Xeral de Administración Local é o órgano encargado da xestión das competencias que se lle se atribúen á Comunidade Autónoma galega no tocante ao fomento de liñas de colaboración coas entidades locais galegas, no referente á convocatoria e á execución de liñas de subvención destinadas a elas. Consecuentemente, encargarase da proposición e xestión de programas conxuntos coas corporacións locais no ámbito propio das competencias que lle correspondan á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, incluíndo a coordinación das propostas que procedan en canto ás convocatorias, selección e adxudicación das subvencións, axudas que se destinan ás entidades locais galegas, facendo un seguimento da súa xustificación.

As liñas de axuda tramitadas son as seguintes:

CASAS CONSISTORIAIS

OBXETO: Trátase de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización de obras de construción, adaptación, mellora e equipamento das sedes das entidades locais de Galicia, nos edificios onde se ubica a casa consistorial, ou ben naqueles que aínda tratándose de inmobles anexos ou incluso independentes deste se adiquen á prestación de servizos competencia das entidades locais. Poderánse subvencionar: obras de nova planta, obras de rehabilitación Integral e obras de adaptación e mellora.

DESTINATARIOS: Poderán ser beneficiarios desta subvención aquelas entidades locais de Galicia que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo cos datos do derradeiro padrón de habitantes.

CONFEDERACIÓNS, FEDERACIÓNS, COORDINADORAS OU AGRUPACIÓNS DE ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE GALICIA  

OBXETO: Trátase dunhas subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a subvencionar a á programación e desenvolvemento durante o ano 2007 de actividades propias, adquisición de medios adecuados para o desenvolvemento dos seus fins asociativos e gastos de correntes.
 
DESTINATARIOS: Poderán ser beneficiarios desta subvención as confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia (en adiante entidades).
Estas entidades deberán, en todo caso, estar debidamente inscritas no Rexistro Central ou nos rexistros provinciais de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza. 
  

AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL

OBXETO: Trátase de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a sufraga-los custos de contratación temporal de auxiliares de policía local, contibuíndo cos concellos, no fin de aumenta-la eficacia dos seus corpos de policía local, no desenvolvemento das funcións que lle son propias durante a tempada de verán (xuño, xullo, agosto e setembro).
DESTINATARIOS: Poderán solicita-los beneficios desta orde aqueles concellos que cumpran cos seguintes requisitos:

  • Que conten con corpo de policía local formado por un mínimo de tres membros.
  • Que vexan aumentada de forma significativa a súa poboación durante os meses de verán, e que faga necesario aumentar o número de policías para prestar os servizos que veñen desenvolvendo o resto do ano.      

VEHÍCULOS DA POLICÍA LOCAL

OBXETO: Son medidas de apoio aos concellos consistentes na cesión en propiedade de vehículos adecuadamente preparados ós concellos que conten cos devanditos servizos, todo isto de conformidade co que establece a disposición adicional décimo primeira da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997, mediante a que se engadiu o artigo 35 bis á Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia. Os vehículos, obxecto de cesión desta orde, poderán ser de tres tipos:

  • Todoterreos
  • Turismos 
  • Motocicletas

DESTINATARIOS: Poderán solicita-las cesións a que se refire esta orde aqueles concellos que conten con servizos de policía local, entendida nos termos previstos no artigo 2 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de Coordinación das Policías Locais, (corpo de policía que conte cun mínimo de tres membros)e que teñan unha poboación inferior ós 30.000 habitantes de acordo cos datos do derradeiro padrón de habitantes.
 

OBRAS E EQUIPAMENTO DE ENTIDADES LOCAIS

OBXETO: Trátase de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á realización das obras e equipamentos locais nos xulgados de paz e adecuación de prazas de acceso ás casas do concello

DESTINATARIOS: Poderán ser beneficiarios desta subvención aquelas entidades locais de Galicia que teñan menos de 30.000 habitantes, de acordo cos datos do derradeiro padrón de habitantes.  
 

CESIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS ; “EIDOLOCAL”

OBXETO:Trátase de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a contribuir ao equipamento informático das entidades locais de Galicia, co fin de facilita-la implementación, desenvolvemento e utilización do Portal dos concellos “Eidolocal”, con medidas de apoio aos concellos, consistentes na cesión en propiedade equipos informáticos .

DESTINATARIOS: Poderán solicita-las cesións aquelas entidades locais que teñan asinado o correspondente convenio coa Xunta de Galicia, referente ó “Portelo Único”, e que na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes se atopen dados de alta no Portal dos concellos Eidolocal (www.eidolocal.es.)
 

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

OBXETO: Trátase de cursos de linguaxe administrativa galega como complemento dos programas de formación da lingua galega. Existen dous tipos de cursos:
  • Cursos de nivel medio. Para participar nestes cursos haberá que presentar xunto coa solicitude copia compulsada do diploma ou certificación acreditativa de ter superado o curso de nivel básico de linguaxe administrativa galega ou de ter aprobado/validado o curso de perfeccionamento de lingua galega. 
  • Cursos de nivel superior. Para participar nestes cursos haberá que presentar xunto coa solicitude copia compulsada do diploma ou certificación acreditativa de ter superado o curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega.

DESTINATARIOS: Poderán ser beneficiarios desta subvención as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
 

ASOCIACIONISMO MUNICIPAL

OBXETO E DESTINATARIOS: Establécense subvencións en réxime de concorrencia competitiva en favor das entidades locais de Galicia para a realización de estudos e proxectos que sexan necesarios para a constitución de mancomunidades, áreas metropolitanas e consorcios.

Así mesmo, poderán subvencionarse entidades intermunicipais xa constituídas , no que se refira aos gastos de funcionamento ou os referidos á prestación de servizos de carácter obrigatorio para os municipios asociados.

 

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

OBXETO: Trátase de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a sufragar os custos de contratación de persoal polos concellos galegos, para a realización das funcións de tradución ao galego dos documentos aos que se refire o artigo 1, da Lei 5/1988, do 21 de xuño, e a subvencionar a organización de campañas de normalización lingüística. Existen tres tipos de axudas:

  • Mantemento dos servizos municipais de normalización lingüística xa existentes.
  • Creación de novos servizos municipais de normalización linguística, debidamente xustificados e sempre que exista crédito suficiente.
  • Organización de campañas co obxeto de lograr a normalización lingüística na entidade local.


DESTINATARIOS: Poderán ser beneficiarios desta subvención as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

¿Cómo funciona?

Neste servizo teráse acceso as bases das subvencións (texto da orde) e aos anexos de solicitude correspondentes a cada convocatoria aberta, no momento da súa publicación no D.O.G.

As subvencións concedidas publicaranse a traves de listados, coa expresión da convocatoria, do programa e do crédito orzamentario a que se imputen, do beneficiario (clasificando os concellos beneficiarios por provincias), da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.

Acceso ao servizo de información

Acceso ao servizo de solicitude telemática