Servizos das Deputacións de Galicia
¿Qué é?
Esta opción agrupa os accesos a aqueles servizos telemáticos interactivos ofrecidos polas catro deputacións galegas, de forma que o usuario dispoña destes enlaces nun mesmo lugar no Eidolocal. No caso de non ofrecer servizos interactivos o enlace levarao á páxina oficial da deputación correspondente.
¿Cómo funciona?
O usuario seleccionará os servizos interactivos das deputacións facendo click no enlace correspondente.
Acceso ao servizo
|
SERVIZOS DAS DEPUTACIÓNS DE GALICIA |
||
|
Deputación de A Coruña Os servizos que ofrece a
deputación de A Coruña son:
Boletín Oficial da Provincia Acceso completo á base de datos do Boletín Oficial da Provincia (sumario e anuncios). Están en liña os boletíns desde 1998 até a data actual e permítense todo tipo de buscas neles. Info-Point Europa Información actualizada diariamente sobre a Comunidade Europea. Acceso completo á guía de programas, convocatorias e axudas económicas da Comunidade elaborada no Info Point Europa da deputación. Hai un tratamento especial da información sobre o euro e sobre as actividades de formación relacionadas cos temas europeos. Emprego público Acceso á oferta de emprego público local, que recolle toda a oferta de emprego publicada no BOP pola deputación ou por calquera concello, desde o 1 de xaneiro de 1998. EIEL Enquisa sobre Infraestrutura e Equipamentos Locais Servizos tributarios Xestión e Inspección Tributaria e Recadación. Directorio público local Un directorio público orientado cara a Administración local, que facilita a localización dos enderezos de correo electrónico, teléfonos e faxes dos concellos e da Deputación da Coruña. Buscas O sistema de buscas consiste nunha agrupación dos contidos do sistema nunha serie de coleccións dentro das que se poden realizar consultas complexas utilizando calquera palabra, frase ou expresión, e combinándoas á súa vez con operadores lóxicos. Novas Eventos e información de actualidade relacionados coa deputación e Europa. Por exemplo: actos do Teatro Colón, premios, o euro, cursos, bolsas, etc. Merlín O buscador da provincia da Coruña. Documentos de interese Documentos de interese para a provincia. Pechar |
||
|
Deputación de Lugo
Dende esta páxina web a
Deputación de Lugo pretende ofrecer unha nova perspectiva da provincia á vez que un medio para
difundir dentro e fóra dela os traballos da institución. Dispón de varias opcións de consultas e información variada da
provincia.
Pechar
|
|
|
Deputación de Ourense
A Deputación de
Ourense ofrece un resumo das súas actividades, do seu traballo, da súa dedicación
á provincia. A páxina ofrece varias opcións de consultas e servizos así como enderezos
eletrónicos e teléfonos. Tamén dispón de información turística dos seus
concellos.
Pechar
|
|
|
Deputación de Pontevedra Dende esta páxina web
a Deputación de Pontevedra ofrece información relativa a súa provincia e aos seus concellos e
difunde os traballos da institución. Dispón de varias opcións de consultas e información variada da
provincia. A páxina ofrece consultas e servizos así como enderezos eletrónicos,
teléfonos e información turística dos seus concellos.
Pechar
|
|
©Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a