Outros servizos do catálogo
- ¿Qué é?
- Guía local
- Emprego local
- Base de datos de lexislación e xurisprudencia
- Convenio marco 060
- Convenio Junta de Andalucía
¿Qué é?
Ademáis dos servizos descritos nos puntos anteriores, a adhesión ao Convenio de eAdministación pon a disposición das EELL adheridas información e outros servizos de interese para as EELL.
Guía local
Permite que cada concello galego poida publicar os seus datos característicos de xeito que estean a disposición de calquera cidadán que queira consultalos.
Emprego local
Este servizo recolle todas as ofertas de emprego na Administración Local das catro provincias galegas nunha base de datos de consulta, poñendo á disposición dos usuarios a información existente sobre as mesmas.
Base de datos de lexislación e xurisprudencia
Este servizo permite ás EELL a consulta dunha base de datos cun amplo contido de información sobre lexislación e xurisprudencia de xeito gratuíto, mediante un sistema integral de información xurídica en liña de " Westlaw“ e “La Ley Digital.
Convenio Marco 060
No ano 2006 a "Administración General del Estado" puxo en marcha a Rede 060, unha iniciativa que establece un novo modelo de servizo público, no que os cidadáns poden realizar xestións ou recibir información de calquera das tres administracións involucradas no proxecto (Central, Autonómica e Local) de tres xeitos diferentes: en oficinas, a través da internet ou por teléfono.
O 17 de abril de 2007, a "AGE" formalizou coa Comunidade Autónoma de Galicia o Convenio Marco entre a Administración General del Estado e a Xunta de Galicia para a implantación de unha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito terriotorial de Galicia, que ten por obxecto o desenvolvemento das actuacións precisas para establecer na Comunidade Autónomoa, unha rede de espazos comúns de atencion ao cidadán que permita a prestacion de servizos integrados de informacion, orientacion, atencion e tramitacion.
As entidades locais que se adhiran comprometeranse a:
-
Configurar os seus rexistros como oficinas de contacto, admitindo a presentación nas mesmas de calquera solicitude, escrito ou comunicación dirixidos aos órganos da "Administración General del Estado" e da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou ás entidades de dereito público vinculadas ou dependentes daquelas, con independencia da súa localización territorial.
-
Deixar constancia nos seus rexistros da entrada das devanditas solicitudes, escritos e comunicacións.
-
Remitir inmediatamente os documentos, unha vez rexistrados directamente aos órganos ou entidades destinatarios destes. A devandita remisión efectuarase polos medios máis apropiados para que a súa recepción se produza coa maior brevidade posible, con especial utilización de medios informáticos, electrónicos e telemáticos nos supostos en que sexa posible.
No Convenio detallánse os compromisos que adquiren as EELL que se adhiran ao Convenio.
Acceso ao Convenio Junta de Andalucía
Solicitude de adhesión
Para solicitar a adhesión ao Convenio Marco 060 é necesario cumprimentar e asinar a seguinte documentación:
-
Protocolo de adhesión (por triplicado orixinal) que será asinado polos representantes das tres Administracións.
-
Certificación do acordo do pleno da entidade local pola que se adopta a decisión de solicitar a adhesión ao Convenio Marco
-
Cuestionario sobre a información necesaria para comprobar que a entidade local dispón dos medios e capacidade de xestión para asumir as obrigas derivadas do convenio.
Esta documentación debe presentarse na Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781-Santiago de Compostela. Unha vez realizada a solicitude a comisión de seguemento avaliará a mesma no prazo de 15 días e, unha vez aceptada, A Xunta de Galicia proceda á publicación da súa adhesión no Diario Oficial de Galicia.
Maís información
Disponse de máis informeción ao respecto en:
- Instruccións detalladas sobre a adhesión ao Convenio Marco
- Páxina da Rede 060 do Ministerio de Administracións Públicas
- Real Decreto 772/1999 de 7 de maio polo que se regula a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións ante a AGE, a expedición de copias de documentos e devolución de orixinais e o réxime das oficinas de rexistro
- Criterios de aplicación do RD 772/1999 polas oficinas de rexistro
Ante calquera dúbida ou problema que se suscite poderá dirixirse a:
-
Xunta de Galicia. Teléfono de Información Administrativa e Atención ao Cidadán: 012, email: info.eido@eidolocal.es. Fax: 981 545 452.
-
Administración General del Estado. D.G. para el Impulso de la Administración Electrónica. Sub.G. de Simplificación Administrativa y Programas de Atención al Ciudadano. Mª Molina, 50. 28006 Madrid. Email: ventanilla.unica@map.es. Telf.: 91 2732269/3039/2264. Fax.: 91 2732297.
Convenio Junta de Andalucía
A Xunta de Galicia, na súa aposta por acercar os medios da administración electrónica á cidadanía, formalizou o 12 de xuño de 2008, un Convenio en materia de administración electrónica coa Junta de Andalucía.
O obxectivo deste convenio é o desenvolvemento e o impulso da administración electrónica comprometéndose ambas Comunidades Autónomas a fomentar e dirixir actuacións encamiñadas a cederse mutuamente de forma indefinida o software das plataformas de administración electrónica das cales teñan os dereitos de cesión e que a súa vez sexan solicitados pola parte interesada en ditos desenvolvementos.
Acceso ao Convenio da Junta de Andalucía.
Solicitude de adhesión
Para solicitar a adhesión ao Convenio Junta de Andalucía é necesario cumprimentar e asinar a seguinte documentación:
-
Protocolo de adhesión (por triplicado orixinal) que será asinado polos representantes das tres Administracións.
-
Certificación do acordo do pleno da entidade local pola que se adopta a decisión de solicitar a adhesión ao Convenio Marco
Maís información
Para máis información pode dirixirse á Xunta de Galicia. Teléfono de Información Administrativa e Atención ao Cidadán: 012, email: info.eido@eidolocal.es. Fax: 981 545 452
Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a